Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros procederá ao cambio das luminarias situadas no polígono industrial de Iñá

Oleiros, 28 de agosto de 2012-. O Concello de Oleiros, dentro da campaña de redución de consumo eléctrico, procederá ao cambio das luminarias situadas no polígono industrial de Iñás.

Os 220 focos existentes serán substituídos por lámpadas LED cunha redución do consumo enerxético de máis do 50%.

As obras a realizar terán un importe de 84.343 euros, dos cales o 90% proceden do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través da Consellería de Industria.

As obras sairán a licitación nos vindeiros días.

As 220 luminarias retiradas serán utilizadas  para ir substituíndo os máis de 10.800 puntos de luz que o Concello ten espallados ao longo do municipio.


 

back link