Oleiros, 6 de outubro de 2011-. O auditorio do complexo cultural da Fábrica, en Perillo, acollerá mañá o Festival Albéniz, XXII Festival Internacional de Música de Pulso e Púa. O concerto comezará ás 20.30 horas e a entrada será gratuíta e libre ata completar a capacidade. Para esta edición o Concello de Oleiros presenta o conxunto musical Jóvenes Juglares Riojanos, baixo a dirección de Irina Kazimirskaya. Este grupo de instrumentos de corda pulsada foi creado en Logroño en 2005 a partir da Escuela de Música Tradicional Riojana Bonifacio Gil do Gobierno de La Rioja.