Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros organiza unha Xornada de muller e saúde

 Oleiros, 16 de outubro de 2014-.  A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo do Concello de Oleiros, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, organiza unha xornada de “Muller e Saúde” o próximo martes, 21 de outubro, no Centro Municipal de Formación na Urbanización Os Regos, ás 16.30 horas. Esta xornada será impartida pola matrona do CHUAC Paula Sánchez Flores, unha profesional moi dinámica, con ampla experiencia e que traballou no Centro de Saúde de Santa Cruz.

 
O simposio está dirixido a todas as veciñas de Oleiros co fin de mellorar a información e a comprensión dos cambios evolutivos na muller, así como previr as enfermidades propias do colectivo feminino.
 
A menopausia, a osteoporose, a prevención xinecolóxica, os factores de risco na saúde das mulleres, a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico… son algúns dos temas que se van tratar ao longo desta xornada, co fin de axudar e orientar ás mulleres a acadar o seu estado de saúde máis óptimo en cada etapa da súa vida. Esta acción está enmarcada no Programa de “Promoción da saúde, a calidade de vida e o benestar”, da liña 5, Participación Social, do Plan de Igualdade de Trato e non Discriminación entre Mulleres e Homes do Concello de Oleiros.
 
back link