Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros organiza unha mesa redonda, baixo o título «Prevención, Familia, Deporte

Oleiros, 9 de maio de 2011.– O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, organiza dentro do programa de Educación para a Saúde e Prevención de Drogas e Alcohol, e para poñer o broche final aos obradoiros de educación para pais, nais e titores legais do alumnado dos centros de primaria e secundaria, unha mesa redonda o día 12 de maio ás 20:30 horas no auditorio da Fábrica.

Baixo o lema “Prevención, Familia, Deporte e Sociedade” e coa presenza de distintas persoas expertas no tema da prevención e do deporte, clausuraranse os obradoiros de educación para a saúde que tiveron lugar no mes de abril. O obxectivo da mesa redonda, é presentar a importancia da prevención desde distinto punto: o papel das institucións coa creación e posta en marcha dos programas de prevención; o papel das familias ante a prevención e o traballo con elas e o deporte como vía importante de desenvolvemento da xente nova.

A mesa estará composta por Eduardo Carballeira Fernández, David Pardavilla Martínez, Ana González López, Paloma Martín Sánchez e Sandra Fernández Fernández.

back link