Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros organiza unha charla informativa sobre o novo réxime de empregados e empr

Oleiros, 22 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros celebrará o próximo martes día 28 a partir das 20.00 horas na Casa Charry unha charla informativa sobre o novo réxime de empregados e empregadas do fogar. A charla, que será levada a cabo por técnicos cualificados do Concello, pretende resolver as dúbidas xeradas neste colectivo polo cambio de normativa que entrou en vigor a principios de ano.

A nova normativa da relación laboral do Servizo no Fogar Familiar supón a integración do antigo Réxime Especial de Empregados de Fogar nun Sistema Especial pertencente ao Réxime Xeral da Seguridade Social. Isto modificou substancialmente a relación laboral dos empregados e as empregadas domésticas. Co cambio créase un marco laboral de maior protección para o dito sector, derrogándose unha normativa obsoleta e con máis de 25 anos de antigüidade.
 

back link