Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros organiza un saída a Ourense

Os centros da mocidade de Oleiros organizan unha saída a Ourense o sábado 16 de marzo.

O sábado 16 de marzo terá lugar unha saída a Ourense programada polos Centros da Mocidade de Oleiros e dirixida a rapazada entre 14 e 30 anos. As persoas participantes visitarán o casco histórico da Cidade das Burgas a continuación gozarán dun baño nas termas A Chavasqueira, situadas moi preto da Ponte do Milenio, a carón do río Miño.

A data límite para inscribirse na actividade é o domingo 10 de marzo.

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición de forma presencial nas casas da mocidade Portaberta e As Pedras, a través de teléfono 981 614 083 e 981 977 944 ou ben a través do formulario habilitado na páxina web dos centros da mocidade: https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/2024/02/19/saida-as-termas-de-ourense/

Máis información en https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com

 

back link