Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros organiza un obradoiro de máscaras de entroido para nenas e nenos

Oleiros, 26 de xaneiro de 2018-. O Concello de Oleiros organiza un obradoiro de creación de máscaras de entroido o vindeiro sábado 10 de febreiro, de 11:00 a 13:30 horas, na Casa da Cultura de Perillo. A actividade está dirixida a nenos e nenas maiores de 6 anos.

As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo a partir do vindeiro luns día 29 no centro cultural A Fábrica, nos teléfonos 981 636 598 e  981 610 000 ou nos enderezos electrónicos cultura@oleiros.orgr.caparros@oleiros.org.
 

back link