Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros organiza un obradoiro de iniciación á lingua de signos

Oleiros, 5 de abril de 2013.– A Concellería de Ensino e Xuventude de Oleiros, organiza un obradoiro de Iniciación á lingua de signos destinado a todas as persoas maiores de 18 anos que desexen introducirse na aprendizaxe da lingua de signos, na lingua natural da comunidade xorda.

O obradoiro, eminentemente práctico, terá lugar desde o 6 de maio ata o 6 de xuño no Centro de Lecer, Portaberta, en horario de luns, mércores e xoves de 19:00 a 21:00 horas. Todas as persoas interesadas poderá inscribirse no Centro de Información Xuvenil, A Fábrica.

 

back link