Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros organiza as XI Xornadas de Orientación Académica

Oleiros, 9 de abril de 2013.– O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, organiza as XI Xornadas de Orientación Académica destinadas ao alumnado de 2º de Bacharelato e 4º da ESO dos Centros Educativos de Oleiros. Que terán lugar os días 10 e 11 de abril no Centro Cultural A Fábrica, en horario de maña.

O alumnado de 2º de Bacharelato participaran nunha serie de charlas informativas sobre as distintas opcións académicas unha vez rematen os actuais estudos o día 10 de abril. Por outra banda, o alumnado de 4º da ESO asistirán a charla informativa sobre os bacharelatos e ciclos formativas o día 11 de abril.

O obxectivo destas xornadas non é só o de informar e asesorar ao alumnado ante as distintas opcións académicas que poidan ter unha vez rematen o seu ciclo actual senón que é importante informar e asesorar tamén aos pais do alumnado para que poidan coñecer de primeira man as opcións dos seus fillos e poder resolver as dúbidas que poidan ter. Por tal motivo, o día 11 de abril ás 20:00h. terá lugar unha charla informativa para os pais e todos os veciños interesados e coñecer a oferta educativa e formativa dos rapaces no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica.
 

back link