Oleiros, 17 de novembro de 2017-. O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo acollerá un curso de formación para a atención sociosanitaria de persoas dependentes en institucións sociais dirixido a mozos e mozas en situación de desemprego inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O alumnado terá un módulo de prácticas profesionais en empresas e ao remate do curso recibirá un certificado de profesionalidade.
As clases comezarán o 14 de decembro e rematarán no mes de maio. O horario é de 15:00 a 20:00 horas. Para apuntarse hai que dirixirse ao Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, na rúa Os Regos. Os teléfonos son o 981 610 319 e o 981 631 706.