Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros mantense firme na retirada de niños de avespa asiática

Oleiros, 14 de xaneiro de 2016-. O Servizo Municipal de Emerxencias continúa retirando niños de avespa asiática sen descanso. No que vai de ano xa foron eliminados preto de 300 avespeiros, que poderían ser aínda máis de ter os medios precisos para acceder a aqueles que se atopan por enriba dos 25 metros de altura.

“Non hai deixamento, pero non dispoñemos dos medios para chegar aos niños que están moi altos, como o que hai na rúa Polvorín en Perillo ou na urbanización Os Regos”, explicaba o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane. Para aqueles niños de máis de 20 metros de altura, os medios cos que conta o Concello non son válidos e a Xunta segue sen preocuparse por este asunto. Por iso o Goberno local está a estudar outros posibles métodos coa intención de aplicalos nos próximos días, xa que no caso de producirse baixada de temperaturas a avespas non resistirían ao frío fóra dos niños.
 

back link