Oleiros, 21 de setembro de 2018.- Mantense o aberto o prazo de inscrición para o Programa Municipal de acondicionamento físico Xovenforma coordinado pola Área de Deportes do Concello de Oleiros.
A poboación xuvenil de Oleiros de entre 12 e 18 anos poderá acceder a unha ampla gama de actividades dirixidas nos complexos municipais de Perillo, Oleiros e Dorneda.
O programa base inclúe as actividades de cardio, zumba, body box, adestramento en suspensión e cross gym. O programa avanzado iniciará as rapazas e rapaces ao adestramento tutelado en sala fitness.
As inscricións poderán realizarse nas oficinas do servizo municipal de deportes no Centro Municipal da Fábrica ou ben no correo: deportes@oleiros.org
A actividade ten un prezo público de 8 euros.