Oleiros, 24 de abril de 2015-. O Concello de Oleiros detectou esta máña unha vertedura de gasóleo ao localizar unha mancha de hidrocarburos nas augas da ría, á altura do Centro Cultural A Fábrica. Tras a descoberta da vertudura iniciouse un dispositivo especial que inclúe o Departamento Municipal de Servizos, a Policía Local, o Seprona e operarios de Augas de Galicia. Os traballos foron encamiñados en tres liñas fundamentas: frear a vertedura e minorar os seus efectos no medio, detectar a orixe e localizar aos responsables do feito.
Hemeroteca
Asset Publisher
Os operarios municipais detectaron rapidamente a súa orixe, localizada na Rúa Camiño da Mazota, á altura do número 11, na contorna do Parque José Martí en Santa Cristina. A vertedura realizouse a través dunha arqueta da rede de augas pluviais. Nela localizáronse manchas de fuel, mais tras continuar o percorrido pola rede resultou que os tramos anteriores estaban completamente limpos. Unha vez detectada a orixe vertedura procedeuse a tratar a rede de pluviais afectada con material absorbente ademais de aplicar sobre a mancha na ría dispersantes de hidrocarburos.
Pola súa parte, os axentes de servizo do Seprona da Garda Civil comezaron as investigacións na zona para localizar ao/aos responsables/s deste feito.