O Concello de Oleiros quere expresar o seu fondo pesar polo pasamento de Xosé Manuel Beiras. Figura imprescindible da historia contemporánea de Galicia, merece ser recordado como un dos grandes referentes políticos pola súa firme defensa da democracia e dos principios socialistas e soberanistas.
Dunha brillantez intelectual única, ao longo dos anos tamén mantivo unha moi boa relación co Concello de Oleiros e co Goberno municipal. De feito, colaborou e participou en diversos actos culturais e políticos celebrados no municipio.
Ata sempre Beiras!