Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros lamenta o falecemento do colaborador de Radio Oleiros Nano García

Oleiros, 29 de novembro de 2015-. O Concello de Oleiros quere expresar o seu profundo pesar pola morte de Fernando García Núñez, veciño de Iñás e colaborador de Radio Oleiros desde hai máis de 20 anos. Actualmente dirixía o programa Sintonía Deportiva no que informaba dous días á semana sobre a actualidade deportiva do municipio.

Nano García sempre foi unha persoa estreitamente vinculada ao Concello de Oleiros e ao deporte. Ademais da súa participación en Radio Oleiros e noutros medios de comunicación, tamén colaborou na organización de numerosos eventos deportivos no municipio.
 

back link