Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros investirá 1,2 millóns do superávit en 19 obras

Oleiros, 28 de xuño de 2016-. O Goberno municipal aprobará no pleno do xoves un total de 19 proxectos para realizalos con cargo ao superávit de 2015. Grazas á eficiencia e rigorosidade na xestión das arcas municipais, o Concello de Oleiros pechou o pasado exercicio económico cun superávit de 1.996.024,16 euros.

A aprobación das obras na sesión plenaria do xoves permitirá que os traballos comecen no mes de setembro e queden rematados antes de finalizar o ano. A relación de proxectos e os investimentos precisos para levalos a cabo é a seguinte:

- Mellora da eficiencia enerxética e outras actuacións na Casa do pobo de Mera: 106.737,86 euros

- Mantemento dos paramentos verticais, carpinterías e outros na Casa Charry: 62.260,86 euros

- Construción do peche na Finca Tenreiro: 74.591,71 euros

- Mantemento da plataforma peonil na rúa Celso Emilio Ferreiro desde a rúa Fieiteira ata o Faro de Mera: 82.300,34 euros

- Construción dun muro de contención no Parque da Liberdade de Nós: 29.201,81 euros

- Mellora da iluminación no paseo de Espiñeiro: 65.858,40 euros

- Ampliación do parque infantil de Canide: 63.323,73 euros

- Pavimentación da rúa do Cruceiro e acceso ao campo de fútbol de Iñás: 142.550,43 euros

- Mantementos varios na Casa da Gardesa no parque das Torres de Santa Cruz: 59.809,54 euros

- Renovación de catro paneis informativos en Santa Cruz, Nós, Oleiros e Dexo: 78.127,28 euros

- Reparación das pasarelas metálicas da avenida Che Guevara en Bastiagueiro: 45.754,15 euros

- Reparación das sendas nos parques da Pezoca, Santa Leocadia e outros: 60.357,12 euros

- Nova EDAR en Urbanización O Xunqueiro: 169.617,81 euros

- Redacción do proxecto da rotonda de Santa Cruz: 19.360,00 euros

- Reforzo da iluminación como mellora da seguridade viaria en diversos puntos do Concello: 40.199,00 euros

- Corrección da enerxía reactiva no Bombeo da Cascada do Parque José Martí: 1.913,47 euros

- Pavimentación dos accesos peonís da Piscina de Perillo: 29.474,75 euros

- Pavimentación dos viais das instalacións de Servizos Municipais: 39.600,87 euros

- Achega municipal PMA Deputación: mellora na iluminación mediante sistemas LED na avenida das Mariñas, avenida Che Guevara, paseo do Espigón e outoros: 31.765,71 euros
 

back link