Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros insiste na necesidade de crear un paso de peóns na N-VI, na zona do Seixo

Oleiros, 07 de outubro de 2016-. O Concello de Oleiros demandou novamente ao Ministerio de Fomento un paso de peóns para a N-VI, á altura da zona comercial do Seixo. Esta vella demanda leva anos sen ser atendida por parte do Goberno central, igual que a ampliación da ponte da Pasaxe ou o soterramento dunha parte do tráfico ao seu paso polo cruce do Sol y Mar.

Na N-VI, nun tramo de máis dun quilómetro que vai desde a ponte da Pasaxe ata Cambre só existe un paso para peóns. Trátase dunha zona comercial, na que ademais reside un elevado número de persoas a ambas marxes desta concorrida estrada. Actualmente, todos eses veciños e veciñas atópanse incomunicados pola inexistencia de pasos para cruzar.

Algúns veciños vense obrigados a asumir riscos importantes ao cruzar esta vía, que conta cun elevado volume de tráfico de vehículos. “Había un proxecto para a construción dun paso elevado con ascensores porque non había sitio suficiente para facer unhas ramplas. Dános igual que sexa dunha forma ou doutra, pero é unha necesidade urxente a creación dun paso para peóns nesta zona”, dixo o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.

back link