Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros inicia os traballos de reforma da biblioteca de Lorbé

Oleiros, 18 de outubro de 2011-. O Concello de Oleiros comeza os traballos de reforma integral da biblioteca municipal de Lorbé. Esta obra permitirá duplicar a superficie da sala de lectura que actualmente conta con 40 metros cadrados aproximadamente e pasará a contar con preto de 80. Con esta obra de renovación e mellora incrementarase o número de puntos de lectura e dotarase a sala dun espazo diáfano no que se poderán levar a cabo sesións de conta-contos ou actos doutra índole.

Así mesmo, a biblioteca municipal de Lorbé será dotada cun novo sistema eléctrico que permitirá a instalación de luminarias de alta eficiencia, o que deparará un considerable aforro enerxético. Por outra parte, mellorarase o sistema de calefacción e o illamento térmico para dotar a instalación dunha maior comodidade. As obras durarán ao redor de 6 semanas e o investimento municipal superará os 20.000 euros. Os traballos levaranse a cabo co persoal de Servizos Municipais, do mesmo modo que se fixo na obra de renovación da biblioteca da casa do pobo de Nós. Isto permitirá un importante abaratamento da obra e axilizará a realización dos traballos.
 

back link