Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros facilitará a participación na Andaina contra a violencia de xénero

Oleiros, 20 de novembro de 2013-. O Consorcio As Mariñas organiza unha Andaina contra a Violencia de Xénero o vindeiro sábado, 23 de novembro, ás 10:30 horas polo paseo fluvial de Arteixo cun percorrido de 5 km.

Esta andaina é a segunda vez que se organiza e pretende ser un acto de sensibilización contra a violencia de xénero na que toda a sociedade participe activamente e amose o seu rechazo a esta lacra social. O ano pasado parte do seu percorrido transcurriu polo paseo marítimo de Santa Cristina e participaron numerosos veciños e veciñas do noso concello.

Xa que este ano é en Arteixo e pode haber dificultades no transporte por parte dalgunhas persoas vaise facilitar a participación das persoas veciñas de Oleiros interesadas en acudir a esta andaina cun servizo gratuíto de autobús.

As persoas interesadas deberán inscribirse nas oficinas de Servizos Sociais ou a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. Animamos á poboación de Oleiros a sumarse a este acto e a participar no rechazo á violencia de xénero a través desta actividade saudable.
 

back link