Oleiros, 28 de decembro de 2020-. O Concello de Oleiros lamenta profundamente o falecemento do escritor, actor e director Lino Braxe. Xunto a Flor Maceiras, Lino Braxe foi o director do Grupo Estable de Teatro e responsable dos obradoiros teatrais organizados polo Concello de Oleiros durante varios anos e ata o 2006. Foron moitos os espectáculos postos en escena baixo a súa dirección nos diferentes espazos escénicos municipais ao longo deses anos: “3 +Chejov=3”, “Así que pasen cinco anos”,…