Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros está a renovar os contadores da auga de máis de 10 anos

Oleiros, 07 de abril de 2017-. Tal e como establece o Regulamento da subministración domiciliaria de auga do Concello de Oleiros, estanse a renovar os contadores en distintos domicilios do municipio. Ata o momento substituíronse máis de 200 aparatos.

O regulamento recolle que a vida útil dos contadores é duns 10 anos. A partir dese tempo é preciso renovalos. Tendo en conta isto, o Concello comezou o proceso de renovación polos aparatos de máis de 10 anos de vida.
 

back link