Oleiros, 4 de outubro de 2013-. O Concello de Oleiros esixiu esta mañá de forma oficial aos responsables de Fomento que solucionen os continuos apagóns que se producen na N-VI no tramo do Seixal desde o pasado xoves 26 de setembro. A falta de iluminación nesta vía a provocado un grave perigo de seguridade para os residentes na zona e especialmente para os viandantes.
O alumado dunha vía de competencia estatal como esta non corresponde en ningún caso ao Goberno local, tanto en xestión como en mantemento. Ademais, desde o pasado 24 de outubro de 2012 o departamento de Obras públicas do Concello infor,ou por escrito a esa Administración sobre a non existencia de documento algún de traspaso destas instalacións.
Nestes momentos a situación é insostible, desde esa Administración estase creando unha grave situación de desamparo e desprotección do cidadán ao negarlle un servizo tan básico como o alumado público nunha zona de titularidade estatal. No lugar existen paradas de bus escolar e unha farmacia, a primeiras horas da mañá a situación é de extrema gravidade xa que a seguridade do peón estase vendo comprometida pola falta de luz natural.
O Concello instou aos responsables provinciais de Fomento a tomar medidas urxentes de mantemento desta instalación. Recordándolles ademais que nesta instalación deixaron de abonar as facturas de gasto enerxético desde xaneiro de 2011, tendo acumulados 6.388,53 euros de débeda neste cadro eléctrico desde ese momento.
Os electricistas municipais non poden actuar sobre un cadro eléctrico que non constrúa ou non se cedeu previamente ao Concello de Oleiros, polo que o Goberno local non se fará cargo en ningún caso dos riscos aos que o Ministerio estea disposto a que os cidadáns poidan sufrir.
Esta instalación foi construída no proxecto levado a cabo polo Ministerio de Fomento no denominado Proxecto de construción de duplicación de calzada e enlace de San Pedro de Nos N.-VI P.K. 587,5 a 589. Tramo: Ponte Pasaxe -Betanzos, no ano 2006.