Oleiros, 22 de xaneiro de 2014-. O Concello de Oleiros e o seu alcalde non manteñen ningunha «cruzada» en contra da Confraría de Mera, cuxo patrón, igual que moitos dos confrades existentes, merécenlle todo o respecto do mundo. A intención do Goberno municipal tampouco é desaloxar do local que a confraría posúe segundo o convenio co Instituto Social da Marina e cuxo local se cedía para as oficinas do colectivo mentres a confraría existise.
O Concello se quere que o resto de locais que retén a confraría que suman máis de 150 metros cadrados e que inexplicablemente o Instituto Social da Marina, nunha operación política secundada polo PSOE e PP de Oleiros na oposición, cedeu en uso a esta confraría durante o goberno do bipartito, sexan utilizados polos veciños e colectivos mariñeiros de Mera.
Estes locais foron demandados polo Concello de Oleiros para mellorar o punto de atención sanitaria da zona norte do municipio ampliando as actuais instalacións, ou cedelas en uso ás sociedades relacionadas co mar formadas por xubilados, mariñeiros e fillos destes e que están agrupados no Club Náutico Punta Bufadoiro e no Club Deportivo Mariñeiro de remo.
Ambas sociedades reúnen a máis de 300 socios nas localidades de Serantes e Maianca e carecen dun lugar para reunirse e ter seus oficinas, mentres a casa do mar, que se concibiu como centro social para a xente do mar, debería cumprir estas funcións. A casa do mar tamén é deles.