Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros denuncia un atentado medio ambiental no Carballo e solicita colaboración

Oleiros, 16 de outubro de 2011-. A concelleira de Interior e Seguridade Cidadá, María José Varela, denunciou esta mañá o desvío intencionado do caudal do regacho de San Pedro ao seu paso pola localidade do Carballo. O Concello de Oleiros detectou que o colector de saneamento de augas desta localidade fora furado e modificado para que o caudal que leva esta canle fluvial desviásese a través da súa tubaxe. As grandes dimensións da condución subterránea fai que practicamente a totalidade do caudal do regacho de San Pedro sexa absorbido pola instalación, deixando a canle do regato baixo mínimos.
 
A concelleira de Interior, que cualificou os feitos de moi graves, informou de que o Concello de Oleiros abriu un expediente de investigación e solicitou a colaboración cidadá para poder atopar ao responsable desta agresión ambiental. Segundo sinalou a responsable de seguridade cidadá podería tratase dalgún propietario de terreos anexos á canle que a través desta manobra pretendería librase da escorrentía do regacho e evitar que as augas transcorran polas súas propiedades.
 

back link