Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros demanda novas melloras no porto de Santa Cruz

Oleiros, 22 de febreiro de 2018-. O Concello de Oleiros ten demandado a Portos de Galicia a reparación do solo do porto de Santa Cruz así como a colocación dunha nova barandilla. Neste días están a rematar os traballos de construción do muro e do noiro, polo que o Goberno municipal pretende que non finalice esa actuación sen que tamén sexan acometidas estas melloras.

Debido á forza do mar, as lousas do solo atópanse moi deterioradas cun grave risco para as numerosas persoas que pasean por esta zona. Igualmente é preciso volver colocar unha nova barandilla en varios tramos nos que desapareceu polo impacto das ondas.
 

back link