Oleiros, 24 de agosto de 2012-. Nestes días a Xunta de Galicia está levando a cabo as labores de pintado da estrada que une Mera- Lorbé- Sada sen ter desbrozadas as cunetas desta vía. Isto provoca que en vez de pintar directamente no asfalto, estéase a facer por enriba das herbas que invaden a calzada, polo que unha vez limpada a maleza o vial quedará en moitas zonas sen as liñas que o delimitan.
Dende o Concello de Oleiros solicítase que se realicen os lóxicos e pertinentes traballos de desbroce antes de continuar coa marcaxe para evitar que este desembolso económico da Xunta sexa en balde.
Outra demanda que se realiza é que se aproveiten estas labores para pintar os pasos de peóns nos cruces con rúa das Escolas, rúa das Antonas e o situado en fronte ao Nai Pai de Mera, facilitando así o tránsito de peóns e aumentando a súa seguridade.
Tampouco se entende que se pinten estradas nas zonas onde o pavimento está deteriorado. Dende o goberno municipal se insta á Xunta de Galicia a facer, ao igual que noutras vías de Oleiros, un mantemento completo, comezando pola necesaria obra na AC 173 (Pasaxe - Sta. Cruz - Mera).