Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros contratará un operario de servizos (xardineiro) ao abeiro do programa Garantía Xuvenil

Persoas desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (entre 18 e 29 anos) poderán participar no proceso de selección dun operario/a de servizos (xardineiro) convocado polo Concello de Oleiros.

Convócase o proceso para seleccionar un/ha operario/a de servizos - xardineiro/a (persoal laboral temporal) ao abeiro do progama de garantía xuvenil (bases aprobadas pola orde do 13 de agosto de 2025, da consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, DOG nº 160, do 22 de agosto) e para o que o Cocnello de Oleiros recibe unha subvención da Xunta de Galicia.
As personas interesadas poderán presentar unha solicitude acompañada do seu currículum vitae no rexistro do Concello (en horario das 8.30 ás 14.00 h) durante os días 27 e 28 de novembro e 1 de decembro. Tamén poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello (trámite: inscrición en procesos selectivos) ou dos demais medios recollidos na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.


Deberanse posuír os seguintes requisitos:


1.    Ter feitos os dezaoito (18) anos e non superar os vintenove (29) anos (idade máxima que establece a normativa vixente do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil).
2.    Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e estar dispoñibles para o emprego e con dirección da demanda no municipio de Oleiros.
3.    Estar inscritas como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 


 

back link