Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros contratará catro auxiliares de policía e un xefe e un supervisor para o s

Oleiros, 19 de marzo de 2018-. O Concello de Oleiros fixo pública a convocatoria para a contratación laboral temporal de catro auxiliares da Policía local e un/ha supervisor/a e un/ha xefe/a de equipo do servizo de salvamento e socorrismo nas praias do municipio. O prazo de presentación de instancias remata o próximo 4 de abril.

As bases están a disposición das persoas interesadas na área de Persoal e RRHH da web municipal, así como a información con toda a documentación a presentar.
 

back link