Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros colabora na divulgación da campaña de adopcións especiais

Oleiros, 22 de xuño de 2018-. O Concello de Oleiros e a Fundación Meniños acordaron colaborar na divulgación da campaña de acollementos especiais de menores que tutela a Xunta de Galicia. As adopcións especiais son aquelas nas que os e as menores, polas súas características especiais, teñen unha maior dificultade para a súa adopción pola súa idade, por discapacidades, por enfermidades,...

O obxectivo desta campaña é sensibilizar á poboación sobre a necesidade que existe de que un importante número de menores consigan o seu dereito a vivir nunha familia e promover a adopción proporcionando información, formación e apoio a aquelas familias interesadas en participar no programa.

A Fundación Meniños traballa para procurar unha segunda oportunidade a todos estes nenos e nenas que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade.  As dúas técnicas responsables do programa participaron hoxe en Radio Oleiros nunha entrevista explicando as características destas adopcións. Todas as persoas interesadas poden ampliar a información chamando á Fundación Meniños ao 981 26 99 55.

back link