Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros colabora con AGAPROFI para ofrecer unha charla informativa sobre as parti

Oleiros, 5 de setembro de 2012.- AGAPROFI, coa colaboración do Concello de Oleiros, organiza unha charla informativa sobre as participacións preferentes este venres, 7 de setembro, na Casa Charry, ás 20:30 horas.

O Concello de Oleiros, consciente dos graves prexuízos xerados á poboación polas participacións preferentes, colabora na organización desta charla informativa con AGAPROFI, asociación creada perante a situación de indefensión particular e falla de representación colectiva respecto do prexuízo ocasionado pola mala comercialización das participacións preferentes e outros produtos financeiros entre aforradores e retallistas. Por este motivo, decídese constituír o pasado 29 de maio, na cidade da Coruña, o dito colectivo.

Na asemblea constituínte desta asociación, integrada exclusivamente por afectados ou representantes de afectados da comunidade autónoma galega, procedeuse a aprobar os estatutos polos que pasou a rexerse a entidade e onde se expoñen como fins principais desta:

A) A defensa e representación dos socios e afectados en Galicia pola contratación de produtos e servizos financeiros, sempre que esa contratación fose acordada con claras deficiencias na información ao respecto do produto ou servizo e xere dano ao afectado sobre a liquidez, rendibilidade ou cotización en mercados destes.

B) A defensa dos intereses dos consumidores e usuarios galegos en canto investidores ou usuarios dos servizos bancarios de intermediación financeira.

C) O exercicio de cantas accións, tanto xudiciais coma extraxudiciais sexan precisas para o debido cumprimento dos fins anteriores.
 

back link