Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros aposta polo fortalecemento emocional na loita contra a violencia de xéner

Oleiros, 23 de novembro de 2015-. Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Oleiros vai amosar unha pequena parte do importante traballo que se leva a cabo durante todo o ano a través das diversas actividades desenvolvidas dentro do Plan de Igualdade.
 
Oleiros ten claro o camiño na loita contra a violencia de xénero: o respecto, a igualdade, o benestar emocional, o diálogo... todos estes elementos téñense en conta no deseño das distintas actividades e actuacións que realiza o Concello de Oleiros e que forman parte do Plan de Igualdade para acabar coa violencia, co maltrato e coa discriminación. Con esta estratexia de actuación as distintas áreas implicadas: servizos sociais, cultura, ensino,...  traballan durante todo o ano nas bibliotecas, con charlas e mesas redondas, con obradoiros, teatro...
 
Unha exposición no centro cultural A Fábrica acollerá uns paneis do traballo dos Obradoiros de Desenvolvemento Emocional, ferramenta clave na prevención da violencia de xénero a través do fortalecemento emocional, do autocoñecemento e da autoestima. Na inauguración, que terá lugar o venres 25 de novembro ás 12:30 horas, poderase coñecer de primeira man este traballo, así como o do Obradoiro Emocionarte, xa que posteriormente será proxectada unha curtametraxe elaborada polas participantes neste outro obradoiro no que traballaron a expresión das emocións a través das imaxes.
 
Ao día seguinte, o sabado 26 de novembro, A Fábrica servirá tamén de punto de inicio e final, á V Andaina contra Violencia de Xénero que organiza o Consorcio das Mariñas, evento no que colaborarán o Voluntariado de Oleiros, o Club de Atletismo Running Oleiros e a Orquestra da Escola Municipal de Música de Oleiros, e no que persoas de todos os concellos da comarca percorrerán a ría do Burgo nesta andaina solidaria que terá a súa saída ás 10:30 horas.
 

back link