Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros apoia a folga convocada na atención primaria da sanidade pública de Galic

Oleiros, 8 de abril de 2019-. O Concello de Oleiros apoia a folga e todos os actos convocados para os días 9, 10 e 11 de abril cos que se pretende mellorar as condicións nas que se está a atender a poboación na atención primaria da sanidade pública de Galicia. Con esta convocatoria reclámase un aumento do orzamento para incrementar o persoal, rematar coa precariedade e contar cunha xerencia propia nos PAC, que non dependen da hospitalaria.

Para o martes están convocadas dúas concentracións: unha ás 12:00 horas no Centro de Saúde do Ventorrillo e outra ás 20:00 horas tamén na Coruña, no Obelisco. O mércores haberá unha concentración diante da Casa do Mar da Coruña ás 12:00 horas. O xoves, ás 12:00 horas, a protesta trasladarase á praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.

back link