Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros actúa baixo o amparo da lei na toma posesión da gasolineira de Santa Cruz

Oleiros, 27 de xaneiro de 2016-. Ante as interpretacións aleatorias e propias de leguleios respecto ao expediente de expropiación da gasolineira de Santa Cruz, o Concello de Oleiros ten a ben comunicar o seguinte:

O expediente tivo unha tramitación de algo 4 meses e medio, iniciouse o 10 de setembro de 2015. O motivo da expropiación é a necesidade de construir unha rotonda que regule o tráfico no centro da localidade de Santa Cruz. A actuación municipal neste caso realizouse en todo momento baixo o amparo da lei, dado que o Concello de Oleiros non sabe actuar doutro xeito.

Ao explotador da gasolineira, Fernando Martínez (ex alto cargo da Xunta de Galicia e ex alcalde do Concello de Cerceda), finalizoulle o contrato de explotación que tiña conquerido coa empresa CEPSA o pasado día 25 de xaneiro e non solicitou a posible prórroga á empresa CEPSA. Segundo a información que manexa o Concello, CEPSA tampouco tiña intención de prorrogar o contrato ante a débeda acumulada por Martínez, que sobre pasaba os 200.000 euros.

O Concello de Oleiros a quen expropia é a CEPSA. Por tanto, a responsabilidade dos traballadores sería do que os tiña contratados que non era outro que señor Martínez. Aos traballadores se lles deu audiencia e prazo para aportar documentos acreditativos da súa situación contractual pero non chegaron a acreditar que foran empregados da empresa.

Para non prexudicar o normal desenvolvemento da actividade da gasolineira, o Concello escolleu como data para a ocupación un día despois á finalización do contrato de arrendamento.

O Concello de Oleiros lamenta as expresións do ex político e empresario Fernando Martínez en relación co alcalde de Oleiros e a demagoxia á que este tipo de individuos teñen sometido ao conxunto da sociedade.

 

back link