Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello creará unha nova aula de estudo na Biblioteca de Rialeda

 Oleiros, 6 de maio de 2022-. Atendendo ás necesidades dos veciños e veciñas que acoden ás bibliotecas municipais a estudar, o Concello habilitará unha aula de estudo na Biblioteca Central Rialeda en Perillo. Este novo espazo estará situado na edificación anexa á biblioteca.

 
“Das 8 bibliotecas municipais que temos, Rialeda é a sede central. No parque que a rodea hai unha construción na que imos crear unha aula de estudo para darlle un servizo que necesitan as persoas que van estudar á biblioteca”, dixo o alcalde Ángel García Seoane. 
 
back link