Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello creará novas zonas de aparcamento express en Perillo e Santa Cruz

 Oleiros, 4 de xullo de 2019-. O Concello de Oleiros vai crear novas prazas de estacionamento comercial limitado gratuíto en Santa Cruz, na rúa Viñas de Babilonia, e en Perillo, na avenida Che Guevara e na avenida Rosalía de Castro.

 
Estas prazas de aparcamento, que estarán indicadas de cor laranxa e contarán con sinalización vertical, funcionarán durante todos os días do ano de 9:00 a 20:00 horas. O tempo que se poderán ocupar será de 30 minutos.
 
As persoas usuarias deberán colocar calquera elemento no que apareza a súa hora de chegada xunto ao parabrisas do vehículo.
back link