Oleiros, 6 de agosto de 2018-. Para mellorar a rotación de vehículos e os problemas de aparcamento no centro de Santa Cruz, o Concello de Oleiros decidiu crear 20 prazas de estacionamento comercial limitado gratuíto que funcionarán durante todo o ano. O tempo que se poderán ocupar estas prazas será de 30 minutos.
Esta zona estará indicada de cor laranxa e contará con sinalización vertical. As persoas usuarias deberán colocar calquera elemento no que apareza a súa hora de chegada xunto ao parabrisas do vehículo.
O estacionamento comercial limitado funcionará todos os días, domingos incluídos. O horario será de 9:00 a 20:00 horas.