Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello contrata as obras de renovación do pavimento na avenida Che Guevara

 Oleiros, 27 de maio de 2022-. Proximamente comezarán as obras de mantemento e conservación da estrada na avenida Che Guevara. Estes procesos de renovación realizaranse durante as noites para evitar posibles molestias á veciñanza. 

 
Ademais dos reforzos do firme da calzada da avenida que cruza de Perillo a Santa Cruz, tamén se mellorará a visibilidade do paso de peóns próximo ao instituto María Casares e a reposición da sinalización viaria afectada polas obras. O custo desta obra é asumida integramente polo Concello e ascende ata os 385.360 €.
 
Estas modificacións son necesarias para mellorar a seguridade viaria da avenida e evitar deficiencias graves na estrada.
 
back link