Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello contrata a pavimentación das rúas do Xunqueiro, a cuberta da grada do Leonardo Macei

Oleiros, 24 de outubro de 2018-. O Concello de Oleiros adxudicou tres importantes obras que se realizarán en Mera, Santa Cruz e Perillo nas vindeiras semanas. O importe total dos tres proxectos contratados ascende a 431.115,15 euros.

Nas vindeiras semanas, e en función das condicións climatolóxicas, procederase á pavimentación das rúas da urbanización O Xunqueiro, en Mera. O custo desta actuación, adxudicada á empresa López Cao, é de 148.176,60 euros.

Tamén foron contratados os traballos de construción dunha cuberta na grada do campo de fútbol Leonardo Maceira, situado na urbanización Os Regos. A empresa Sergonsa será a encargada de realizar os traballos que terán un importe de 124.938,55 euros.

O Concello tamén investirá 158.000 euros na renovación da rede de abastecemento de auga na rúa do Pombal, en Perillo. Canarga será a empresa que realice esta obra.

back link