Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello conmemora o día de Rosalía cun concerto nas Torres de Santa Cruz

Oleiros, 21 de febreiro de 2014-. O Concello de Oleiros, co obxectivo de conmemorar o Día de Rosalía que se celebra o próximo 24 de febreiro, organiza para ese día un concerto titulado Rosalía pequeniña. A cita será  no teatro As Torres de Santa Cruz para ás 18:30 horas,  no que a magnífica cantante Uxía Senlle cantará a Rosalía de Castro.

Trátase dun acto dirixido a público infantil e familiar, no que vai cantar as cancións que figuran no disco do mesmo título. Na publicación recóllense nove poemas de Rosalía de Castro, unha composición da propia Uxía titulada Rosalía pequeniña e o poema de Curros Enríquez A Rosalía.  Excepto no caso deste último poema, os demais foron musicados por Uxía e poden atoparse ritmos clásicos como a muiñeira, pero tamén outros máis actuais como rock, blues ou baladas. Da man e na voz de Uxía poderán coñecer poemas como Como chove miudiño, Xan, Has de cantar, Paseniño, etc.

Ademais deste concerto, tamén se realizarán mostras bibliográficas con obras escritas por Rosalía de Castro e outras que falan desta excelente escritora, que estudan a súa vida e a súa produción literaria.
 

back link