Oleiros, 24 de outubro de 2016-. As Bibliotecas Municipais de Oleiros acollerán ata o 28 de outubro diversas actividades para conmemorar o Día da Biblioteca. Sobres sorpresa, biotecnólogos con actividades de divulgación científica, teatro de marionetas, contacontos, contos para bebés, tertulias literarias para mozos e adultos, encrucillados ou creación de marcapáxinas son algunhas das propostas para eses días.
O Goberno municipal pretende difundir a existencia dun servizo público de proximidade aos veciños que contribúe de xeito eficaz a promover a lectura e a facilitar o acceso á cultura, á información e ao coñecemento a todas as persoas.