Hemeroteca

Asset Publisher

Back O CONCELLO CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DA SIDA CUN AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Oleiros, 25 de novembro de 2010. – O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, con motivo do día mundial da SIDA, levará a cabo unha serie de actos que terán lugar nos institutos do Concello, así como no Centro Cultural A Fábrica.

Nos IES levaranse a cabo un total de 8 charlas informativas destinadas ao alumnado de 4º da ESO onde membros da organización SOGASIDA (Sociedade Galega Interdisciplinaria da SIDA) e unha educadora social, que leva a cabo durante todo o ano obradoiros de sexualidade nos ditos centros educativos, falaranlles dos métodos anticonceptivos, a infección do VIH/SIDA, a percepción de riscos nas prácticas sexuais e o respecto e tolerancia ás persoas con ETS. As charlas comezarán o 30 de novembro e rematarán o 15 de decembro. Xunto a isto e durante este tempo instalarase un stand informativo en cada IES sobre a SIDA.

O auditorio do Centro Cultural A Fábrica, acollerá unha serie de espectáculos dirixidos principalmente para a xuventude e onde os protagonistas dos distintos espectáculos son mozos e mozas de entre 14 a 25 anos residentes en Oleiros. As datas das distintas actuacións son:

  • o Venres 26 de novembro ás 20:30 h, representación da obra Sentindo Indiferencia Dun-xeito Atroz (SIDA), obra escrita e representada polo grupo de Teatro Portaberta. SIDA é unha obra feita desde a prevención e cara á concienciación social. A SIDA é unha enfermidade que aínda que cada vez sabemos máis dela, segue sendo para moitas e moitos unha enfermidade moi perigosa á que non te debes achegar se non queres ver as consecuencias. Dentro deste mundo viven as persoas seropositivas, un mundo de “non toques”, “non biques”, “non te achegues”..., e que SIDA (a obra) quere reflectir. A través de diferentes accións escénicas intentamos facer consciente ao público sobre a enfermidade social que todas e todos padecemos. Performances, poemas teatralizados, pezas de baile, diálogos, dramatizacións, narracións, collages..., conforman unha miscelánea chamada Sentindo Indiferencia Dun-xeito Atroz.
    o Venres 3 de decembro ás 20:30 h, espectáculo de maxia a cargo do mago Agustín, rapaz de 16 anos veciño de Santa Cruz que desde moi neno se sentiu atraído polo mundo da maxia.
  • o Venres 10 de decembro ás 20:30 h, concerto do grupo Last Seven Leaves, formado por tres rapaces e unha rapaza que levan a cabo un estilo de musica punk – rock- alternativo.

A entrada ao espectáculo é de balde ata completar a capacidade do auditorio.

back link