Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello comeza a obra de renovación do pavimento no polígono comercial de Icaria

 Oleiros, 23 de setembro de 2014-. O Concello de Oleiros comeza  esta madruga a obra de renovación do pavimento no polígono comercial de Icaria. Dentro deste proxecto de mellora, no que se invisten 140.000 euros, inclúese a reordenación do tráfico dentro do polígono, o que permitirá axilizar a circulación e incrementar o numero de prazas de estacionamento. Os traballos, que concluirán na madrugada do próximo xoves día 25, se realizarán integramente en horario nocturno para evitar entorpecer o tráfico nesta concorrida zona comercial do municipio. 

 
O polígono comercial de Icaria, enmarcado dentro do Eixo empresarial Perillo-Oleiros, é na actualidade o solo industrial de maior ocupación do noso municipio e atópase en constante desenvolvemento e crecemento desde hai máis de trinta anos. Actualmente o pavimento encóntrase deteriorado debido a intensa actividade da zona e a implantación de servizos e infraestruturas soterradas. 
 
back link