Oleiros, 4 de febreiro de 2014-. O Concello está a renovar a iluminación en varios puntos do concello utilizando as 220 luminarias retiradas no ano 2012, como consecuencia das melloras da eficiencia enerxética realizadas no polígono comercial de Iñás, no que se substituíron as luminarias de vapor de sodio existentes por novas luminarias tipo LED.
Os 220 farois retirados atópanse en bo estado e o seu valor é duns 66.000 euros, polo que se procederá antes de final de ano á súa colocación para a renovación da iluminación existente en varios puntos do concello, nos que as luminarias actuais están próximas ao fin da súa vida útil. En cada luminaria instalada estanse a colocar ademais lámpadas da potencia adecuada para cada tipo de vía, o que supón unha mellora dos parámetros de iluminación, ademais dunha redución do consumo enerxético, pola maior eficiencia das novas lámpadas instaladas fronte ás luminarias retiradas.
O investimento nestes traballos de instalación é duns 20.000 euros e o aforro anual polo axuste de potencias ás máis adecuadas por cada tipo de vía será duns 5.000 euros por ano. Ademais instálanse luminarias valoradas en 66.000 euros.
As vías nas que se colocan os 220 farois son:
- Avenida Ramón Núñez Montero
- Avenida Francisca Herrera
- Avenida Salvador Allende
- Avenida de Venezuela
- Avenida Emilia Pardo Bazán
- Avenida Morro de Canide
- Avenida República Arxentina
- Avenida Isaac Díaz Pardo
- Rúa Casares Quiroga
- Rúa Curros Enríquez
- Rúa Cobo
- Rúa Revolta
- Rúa Miraflores
- Rúa Outeiro
- Rúa Rabadeira