Hemeroteca

Asset Publisher

Back O CONCELLO AXILIZARÁ O PROCESO DE TRAMITACIÓN DE LICENZAS DE OBRA MAIOR PARA ACURTAR OS TEMPOS

 

Oleiros, 24 de novembro de 2010-. O Goberno local axilizará o proceso de tramitación de licenzas de obra maior para acurtar os tempos de espera no outorgamento dos permisos. O Concello de Oleiros recibiu no que vai de ano un total de 66 licenzas de obra maior, trámite que engloba a construción de vivendas unifamiliares e de edificios plurifamiliares. Gran parte destas solicitudes encóntranse aínda pendentes de se lle outorgar a perceptiva licenza. Os motivos son diferentes pero, especialmente, pola aplicación das normativas recentemente aprobadas pola Xunta, como a norma de habitabilidade e o código técnico. A supervisión por parte dos técnicos do Concello retrasa as resolucións pertinentes ao que lle hai que engadir, nalgúns casos, a falta de cumprimento de entrega de documentación por parte dos responsables dos proxectos. A lexislación sinala que o outorgamento destas licenzas debe resolverse nun prazo de dous meses, pero que obviamente non se cumpre polos argumentos sinalados.

O Goberno local, para axilizar a tramitación dos expedientes, eliminará parte dos impresos que actualmente se esixe. Deste xeito darase por válida a documentación dos proxectos técnicos que xa veñen visados polos colexios oficiais, responsabilizando ante calquera posible neglixencia ou ocultamento de información aos técnicos responsables de cada obra. Isto permitirá que o Concello resolva ates de final de ano 60 destes expedientes o que posibilitará a contratación das obras e a consecuente actividade das empresas construtoras e as empresas auxiliares. O investimento total nestes proxectos de vivendas unifamiliares e edificios plurifamilaires supera os 18 millóns de euros.

back link