Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello atende 107 incidencias provocadas polo temporal desta fin de semana

 Oleiros, 23 de decembro de 2019-. O Servizo Municipal de Emerxencias, en coordinación coa Policía Local e Servizos Municipais, realizaron un importante traballo durante a pasada fin de semana para atender as numerosas incidencias provocadas polo temporal. Entre a xornada do sábado e a do domingo realizáronse máis dun cento de intervencións en diferentes zonas do municipio.

 
Houbo numerosas caídas de árbores, polas, farolas e postes sobre vías públicas; problemas en cubertas e tellados; desprazamento de contedores do lixo; desprendementos de carteis e chapas; muros e peches derrubados;... Por sorte non houbo que lamentar ningún tipo de dano persoal.
back link