Oleiros, 23 de agosto de 2016-. O Concello de Oleiros acometerá nas vindeiras semanas a reparación da rúa Laxeiro, en Nós, e da rúa da Torre, en Dexo. Ambos viais presentan un deficiente estado de conservación polo que se fai preciso a súa reparación coa maior rapidez posible.
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recoñeceu o mal estado no que se atopan estas dúas rúas e anunciou que as obras comezarán tan pronto como sexa posible. Así mesmo agradeceu a participación dos veciños que nestes casos, e en moitos outros, se dirixen á alcaldía para informar sobre diversos temas da vida municipal.