Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello apoia que o Día das Artes Galegas de 2026 se dedique a Francisco Miguel

 O Concello de Oleiros súmase á solicitude de que o Día das Artes Galegas de 2026 se dedique á lembranza de Francisco Miguel, o pintor de vangarda asasinado polo franquismo en 1936. A ocasión debe converterse nunha homenaxe aos artistas fusilados polos impulsores da sublevación contra a Constitución, a legalidade e a democracia.
 

Unha actitude de persecución e aniquilamento da arte, a creatividade e a intelixencia que deixou ao país sen as súas máis brillantes cabezas, substituídas pola miseria moral e a borralla gris daquel ominoso tempo de odio, crimes e represión. Recuperar a memoria e a obra de Francisco Miguel é un acto de xustiza que xa intentou a súa muller cunha exposición póstuma da súa obra, acto que no seu día lle prohibiron. 

O Goberno municipal de Oleiros considera que dedicarlle o Día das Artes Galegas resulta o mellor xeito de recuperar, difundir e visibilizar o seu legado, capaz de engrandecer o universo artístico deste país, do que hoxe está prácticamente exluído.

O Concello de Oleiros agradece á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) a exhumación dos seus restos en Bértoa (Carballo) onde os fusís fascistas acabaron coa súa vida.

back link