Oleiros, 12 de agosto de 2014-. O Concello de Oleiros amplía ata o próximo día 30 de setembro o prazo para a recolleita de medicamentos para enviar á franxa de Gaza dentro da campaña que se leva a cabo en colaboración coa Asociación Médica Hispano-palestina.
O depósito do material pódese realizar a través dos edificios municipais e das farmacias do municipio, que estas servindo como lugares de depósito dos medicamentos e como puntos de asesoramento respecto de os fármacos demandados. Como se sinalou ao comezo desta campaña, os bens máis necesarios nestes momentos son os produtos antibióticos, analxésicos, o material cirúrxico en xeral, así como vendas, gasas e muletas.