A carta remitida pola Xunta empraza ao Concello a unha nova reunión para tratar as peticións municipais que, segundo indican, están actualmente en fase de estudo. Desde o Concello de Oleiros agárdase que este novo encontro non sexa un trámite máis e que se chegue a un acordo definitivo que dea resposta ás demandas de centos de persoas que sofren diariamente as deficiencias do sistema de transporte.
O Goberno local confía en que a Administración autonómica atenda, se non a totalidade, polo menos a maior parte das reclamacións presentadas, co obxectivo de mellorar a mobilidade de Oleiros e do conxunto da comarca da Coruña.