Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello adxudica dous solares para viviendas de protección

A adxudicación permitirá a construción de 35 novas vivendas protexidas

Oleiros, 2 novembro de 2010.- O Concello de Oleiros adxudicará ao longo destes días dous solares destinados a construír vivendas protexidas. Un situado en Santa Cruz, fronte ao hotel Portocobo, no que se edificarán 27 vivendas, e outro en Santa María de Oleiros, nas inmediacións da Casa do Concello e onde se situarán outras oito vivendas.

Estes dous solares adxudicaranse a moi baixo custo a sendas cooperativas integradas por veciños e veciñas do municipio a raíz da convocatoria promovida polo Concello. O prezo das parcelas é de 479.326 euros no caso da de Santa Cruz e de 164.244,91 € a de Santa María de Oleiros. Unha vez adxudicadas procederase ao inicio inmediato da construción das vivendas cuxos traballos de construción e control destes dependen exclusivamente das persoas cooperativistas.

Este sistema empregado polo Goberno local de Oleiros para promover vivendas protexidas está a permitir que outras dúas cooperativas creadas ao longo de 2008 poidan ocupar as súas vivendas nos próximos días. En total son 70 vivendas situadas en Meixón Frío, na localidade de Santa Cruz, e na urbanización A Pezoca, en Santa María de Oleiros.

back link